Gómez, Noelia 1995-

O xiro / Noelia Gómez - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2018 - 71 p. ; 20 cm - (Poesía (Xerais) ; 58) .

V Premio de Poesía Gonzalo López Abente

Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade.
O xiro é o primeiro poemario dunha au­tora que valora o desprazamento ata convertelo en arma con que lexitimar o que cambia, permanece ou queda atrás. Coma quen aprende o son da fala ou escolle os materiais con que erguer un edificio, os seus versos dobran, ensartan e retórcense para soster o equilibrio. O eixo. A palabra.

978-84-9121-457-1


Poesía galega

821-134.4-1"20"

Coa tecnoloxía Koha