A Vera Cruz de Antonio Palacios / Rafael Otero Janeiro - Ourense : Instituto de Estudios Carballiñeses , 2023 - 103 p. : il.

contén bibliografía

O Carballiño exhibe como vila un rico patrimonio cultural, como é o parque municipal ou o río Arenteiro; ofrece unha gastronomía inigualable, co pulpo como reclamo; mesmo presenta unha riqueza extraordinaria de actividades culturais, sen deixar de aludir a súa incomparable tradición termal. Pero se dalgunha xoia singular se pode gabar a Vila do Arenteiro é da Vera Cruz, esa monumental igrexa que se converteu no seu extraordinario e impresionante símbolo. Profusión de estudos e publicacións, así como multitude de historiadores e arquitectos, colocaron o seu obxectivo escrutador sobre a Vera Cruz...pero en pouco se parece este estudo de Rafael Otero Janeiro ás publicacións coñecidas ata estes momentos, non só pola descrición do monumento e polas súas connotacións sociolóxicas, senón, e sobre todo, polo enfoque. O autor desta publicación abre o abano do estudo aos informes e criterios sociais, políticos, económicos e relixiosos do contexto histórico no que xermola o espírito da edificación da igrexa de Palacios, que non é un contexto exclusivamente da vida carballiñesa, senón que se imbrica nas claves da situación política e social doutras rexións españolas e do propio Estado naquel momento.

9788476807798

726

Coa tecnoloxía Koha