ANTONIO RODRIGUEZ BAIXERAS

O REI DOS AMENEIROS / RODRÍGUEZ BAIXERAS, ANTONIO - VIGO :XERAIS ,1987 - 275 :Non

Libros de rendas. Cada algarismo, unha tulla de centeo. Antigas clasificacións de caseiros que transmiten a súa subordinación de pais a fillos, como a cor dos ollos ou a angostura do peito. Algúns inquiétanse, deixan un rastro de protesta, reclaman promesas ou caen como feras sobre anacos de terra esquecidos polos centos de multiplicacións desde a primitiva partilla. A fidalguía, alertada polos seus espías, desafía, pleitea, escribe á real Chancillería en demanda do que sempre foi seu. Pero o paisano agáchase no tempo, como o golpe albisca desde lonxe, non entra na guerra de campo aberto. As letras calan para que o inverno asulague as congostras, acorte os días útiles, ouse un veo de asfixia sobre os bronquios. E non se sabe a sentencia, nin o xesto iracundo submetido. Outro pleito, outra demanda, ouras cartas que piden influencias.

10-NAR-ROD-REI-2

Coa tecnoloxía Koha