Paisaxe e cultura / Ramón Otero Pedrayo...et al. ; limiar Iago Seara
por Fernández y González, Manuel.
Tipo: LibroEditor: [Trasalba, Ourense] :Fundación Otero Pedrayo ,2009 Edición: 2ª ed (1ª en Biblioteca de Estudos Oteri.Descrición: 257 p ;20cm.ISBN: 9788461330232.Materia(s): Paisaxe -- Historia -- 17º-18º séculos -- Galicia | Paisaje -- Historia -- 17º-18º siglos -- GaliciaResumo: Igual que a lingua constitúe un patrimonio espiritual, a paisaxe concíbese nestas páxinas coma un patrimonio material, produto da cultura dos pobos, "ben de interese cultural", segundo explica no limiar o arquitecto Iago Seara. A Biblioteca de Estudos Oterianos recupera un documento histórico e, ao mesmo tempo, reinvindica diante dos lectores a ollada dunha xeración que, inspirada na Xeración Nós e debedora da tradición romántica, enxerga o mundo dende unha perspectiva distinta que, co paso do tempo, chega ata nós cargada de modernidade. Paisaxe como cultura, creación do ser humano que modela a natureza e a enche de significación. Paisaxe como herdanza que se transmite e patrimonio que se recibe, do que nos sentimos responsables. Paisaxe como identidade e como riqueza, activo dos novos tempos, "tapiz de vida", en palabras de Otero Pedrayo, sombra ou mirada que nos contempla e na que nos contemplamos (e nos recoñecemos), marca de identidade. Poucos textos hai de tanta actualidade como os que aquí ofrecemos.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Manuel Chamoso Lamas Sala préstamo | 10-LIT-PAI-SEA-1 SEARA IAGO paisaxe e cultu | 1 | Dispoñible | OED013000015295 |
|
Igual que a lingua constitúe un patrimonio espiritual, a paisaxe concíbese nestas páxinas coma un patrimonio material, produto da cultura dos pobos, "ben de interese cultural", segundo explica no limiar o arquitecto Iago Seara. A Biblioteca de Estudos Oterianos recupera un documento histórico e, ao mesmo tempo, reinvindica diante dos lectores a ollada dunha xeración que, inspirada na Xeración Nós e debedora da tradición romántica, enxerga o mundo dende unha perspectiva distinta que, co paso do tempo, chega ata nós cargada de modernidade.
Paisaxe como cultura, creación do ser humano que modela a natureza e a enche de significación. Paisaxe como herdanza que se transmite e patrimonio que se recibe, do que nos sentimos responsables. Paisaxe como identidade e como riqueza, activo dos novos tempos, "tapiz de vida", en palabras de Otero Pedrayo, sombra ou mirada que nos contempla e na que nos contemplamos (e nos recoñecemos), marca de identidade. Poucos textos hai de tanta actualidade como os que aquí ofrecemos.