Salir a robar caballos / Per Petterson ; traducción de Cristina Gómez-Baggethun
por Petterson, Per ( 1952-)
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Manuel Chamoso Lamas Sala préstamo | 11-NAR PET sal | 1 | Dispoñible | OED013000015845 |
|
Aos sesenta e sete anos, Trond decide deixar a cidade de Oslo e irse a vivir a unha cabana nun bosque da rexión máis oriental de Noruega coa única compañía do seu can. A soidade e o estreito contacto coa natureza devolveranlle a un día da súa adolescencia, cando o seu amigo Jon apareceu de improviso na súa casa: «Iamos roubar cabalos. Iso foi o que me dixo, plantado na porta da cabana na que pasei aquel verán co meu pai. Eu tiña quince anos. Foi en 1948, a principios de xullo. Os alemáns abandonaran o país tres anos antes, pero non recordo que seguísemos falando de eles».
A partir dese episodio, Trond rememorará os meses en que descubriu o mundo dos adultos e a súa vida cambiou para sempre. Saír a roubar cabalos retrata con intelixencia e sutileza os primeiros encontros do protagonista coa beleza, a traxedia e a fraxilidade da existencia.